No ano 1995 estaba eu metido en historias de medias e de carreiras ( desas que lle levan a un a vivir o que vive, ou quizáis non, porque ao final un vive e punto) cando un profesor de Filosofía comentou a noticia da morte de Popper. Catro minutos nun aula chea de feromonas e basta. A verdade é que quizáis era xusto que ese epitafio pertencese ao "amable Karl", pero o que realmente pasaba era que esa non era noticia nin era nada. Se hai unha morte que o ano 1995 nos deixou (respetando a morte dos amados de cada un) é a do máis infame dos sabios: Emile M. Cioran.
Cioran foi o meu compañeiro de prestación (a mítica PSS), nunha biblioteca estéril, onde os únicos libros abertos eran os libros de texto dos pobres rapaciños que unha mestra histérica condenaba a ler unha e outra vez. Cioran viaxou conmigo a Napoles, catro días de tren e fame, e máis tren, e unha banana (grazas, señora), e máis tren... e alí estaba Cioran tamén, na Piazza Garibaldi, naquela pensión con carrachas como cans (máis tarde sabería que ese non era bo sitio para un estudiante estranxeiro). E nas rúas empedradas dun "pueblo blanco" moi especial, ao pe das serras, ao carón do Mediterráneo, alén da Castela cobarde... alí estaba Cioran, ca febre liquidando as neuronas unha a unha, os ciumes enfermizos e o malviver de catro galegos dispostos a liquidar as proibicións a golpe de gintonic. Pero os tempos mudaron e hai tempo que Cioran non aparece nos estantes cada vez máis baleiros, con máis cacharros e menos follas. E eu pensaba que Cioran ficaría sen ninguén que lle aloumiñase os cabelos xa brancos de tanta terra (eso si que o sabía, el non podía estar nun pisiño deses con macetas na porta), esquecido pola adolescencia, citado nos bares de cando en vez. Morto.
Pero hoxe descubrín que non é así. Cioran aínda esta conmigo. E non, tampouco está enterrado nunha soidade infinita: Simone Boué aloumiña os seus cabelos brancos, enxuga o suor de percorrer toda Francia en bicicleta, calma os ánimos da xenialidade impotente, comparte un café, e quizáis un cigarriño, porque: Emilio, unha vez mortos, por que non pegarlle outra vez ao Ducados?
Mostrando entradas con la etiqueta Cioran Simone Boué dalareo David Alfonsín Lareo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cioran Simone Boué dalareo David Alfonsín Lareo. Mostrar todas las entradas
22 noviembre, 2007
Os dentes da miseria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)